Saltar ao contido

Términos e Condicións

Benvido/a á nosa tenda en liña de discos de música. A continuación, detallamos os termos e condicións de uso, así como os dereitos e obrigas dos clientes e da empresa. Recomendamos ler detidamente este documento antes de realizar calquera compra.

1. Información da Empresa

A nosa tenda está xestionada por Nalgures Producións SL, con enderezo en Rúa do Baluro 8-10, Baixo, 27004 – Lugo e NIF B27340322. Podes contactar connosco a través do formulario de contacto ou do teléfono +34 982 250 245.

2. Proceso de Compra

A compra realizarase a través da nosa páxina web, seleccionando os produtos desexados e seguindo os pasos indicados para o pagamento. Unha vez confirmado o pagamento, enviarase un correo electrónico de confirmación ao cliente.

3. Prezos e Impostos

Todos os prezos mostrados na nosa tenda inclúen o IVE correspondente. Os gastos de envío aparecerán reflectidos no proceso de compra e dependerán do destino da entrega.

4. Envío e Prazo de Entrega

O envío dos pedidos realizarase a través de Correos (principalmente) e o prazo de entrega habitual é de 2-5 días, dependendo da modalidade de envío elixida, para o territorio nacional. Para envíos internacionais, o prazo de entrega pode variar en función do destino.

En caso de que haxa algún atraso no envío, informaremos o cliente por correo electrónico tan pronto como sexa posible.

5. Garantías

Todos os produtos dispoñibles na nosa tenda en liña están suxeitos á normativa vixente en canto a garantías de bens de consumo. Ofrecemos unha garantía de 3 anos para defectos de fabricación ou calidade do produto. En caso de recibir un produto defectuoso, o cliente deberá poñerse en contacto connosco dentro do prazo indicado para proceder á súa substitución sen custo adicional.

6. Dereito de Desistimento

Conforme á Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios (Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro), o cliente ten dereito a desistir da súa compra no prazo de 14 días naturais a partir da recepción do produto, sen necesidade de xustificación. Para exercer o dereito de desistimento, o cliente deberá notificar a súa decisión a través do formulario de contacto indicando o número de pedido e os produtos que desexa devolver.

Non obstante, segundo o artigo 103 da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, non se aceptarán devolucións de discos que teñan sido desprecintados despois da entrega, xa que están excluídos do dereito de desistimento por tratarse de produtos que poden deteriorarse ou alterarse rapidamente unha vez abertos.

7. Devolucións

No caso de que se acepte a devolución (produtos non desprecintados), os custos do envío correrán a cargo do cliente, agás en caso de produtos defectuosos ou erros na entrega. Unha vez recibido o produto nas nosas instalacións, realizaremos a devolución do importe correspondente a través do mesmo método de pago empregado polo cliente nun prazo máximo de 14 días.

8. Modificacións dos Termos e Condicións

A nosa tenda resérvase o dereito de modificar estes termos e condicións en calquera momento, sen aviso previo. As modificacións non afectarán ás compras realizadas con anterioridade á data de cambio.

9. Lexislación Aplicable

Estes termos e condicións rexiranse e interpretaranse de acordo coa lexislación española. Para calquera controversia que puidera xurdir en relación co uso da tenda en liña ou cos produtos adquiridos, as partes someteranse aos xulgados e tribunais da cidade de Lugo.

10. Contacto

Para calquera dúbida ou consulta sobre estes termos e condicións, ou sobre o proceso de compra, podes poñerte en contacto connosco a través do formulario de contacto ou do teléfono +34 982 250 245.